lunes, 14 de octubre de 2013

CICLO DE CHARLAS 2013 "NOVAS CREADORAS, NOVOS VALORES"

                                               CICLO DE CHARLAS 2013
                                "NOVAS CREADORAS, NOVOS VALORES"


Neste ciclo de charlas falaremos con mulleres novas que están traballando no ámbito
profesional en distintos campos artísticos como a música, o cine e as artes plásticas.
Todas teñen en común o seu talento, un camiño iniciado na súa carreira artística e un
camiño por percorrer...
O ciclo pretende visibilizar as mulleres que representan novos valores no campo da
creación artística e analizar a súa situación desde o punto de vista de xénero.
As fechas son:

Mércores, 16 de outubro ás 19:00 horas
Mesa redonda sobre... MÚSICA
modera e presenta: Uxía Senlle

Mércores, 6 de novembro ás 19:00 horas
Mesa redonda sobre... CINE
modera e presenta: Anna Amorós

Mércores, 20 de novembro ás 19:00 horas
Mesa redonda sobre... ARTE
modera e presenta: Mar Caldas

MESA REDONDA SOBRE... MÚSICA

Mércores, 16 de outubro ás 19:00 horas
Modera e presenta: Uxía Senlle
Uxía leva máis de 25 anos de carreira artística que a converten nunha das voces máis
populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente
ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal...

RELATORAS:
Iria Estévez:

Iria Estévez é a vocalista principal do grupo En Clave de Fado. A súa voz privilexiada
permítelle interpretar distintos estilos, como fado, canción galega ou bossa nova, entre
outros. Clave de Fado, nace en 2009 coa intención de ofrecer un espectáculo que inclúa,
fundamentalmente, canción en galego e portugués e supón a súa primeira experiencia
profesional como cantante.
Nuria Lorenzo:

Nuria Lorenzo, considerada unha das mezzo soprano de maior proxección na lírica
Española. Actualmente traballa nos mellores teatros españois cantando xunto ás voces
máis importantes do panorama internacional. Compaxina a súa carreira profesional de
canto cos estudos de doutoramento en Artes Escénicas e a Dirección Coral (Coro
Universitario de Vigo e Ondas do mar de Vigo, Cesantes). Hai dous anos crea un proxecto
coral de cámara chamado Gli Appassionati.

Patricia Moon:
A cantante, compositora, violinista e pianista,Patricia Argüelles converteuse en Patricia
Moon ao mesmo tempo que editaba o seu primeiro traballo en solitario. Atrás quedaban
as súas colaboracións con músicos como Ken Stringfellow, Matt Elliot ou Siniestro Total.
Despois chegou unha estadía en Berklee (Estados Unidos), unha das universidades
dedicadas á música máis importantes do mundo.
 Chegadade USA co seu traballo "Oxytocin'' achégase ao rock máis americano.

Begoña Riobó:
Aínda que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo ou
Sondeseu, Begoña Riobó preséntase como a primeira violinista folk galega en liderar o
seu propio proxecto “Riobó” é o nome do grupo de Begoña, e tamén o título do seu
primeiro traballo discográfico.

Quen quera asistir,ten que chamar o numero de telefono que os deixo mais abaixo,hay os informaran
e os colleran os datos pra asistir as charlas!!!!



Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo
Biblioteca Pública Central
R/ Joaquín Yáñez 6, 2º andar - 36202
986 22 90 74
centro.documentacion.feminista@vigo.org

No hay comentarios:

AMIGOS PRIMU