viernes, 8 de noviembre de 2013


Mércores, 13 de novembro 
ás 19:00 horas

Entrevista a...

MARGARITA CABALLERO

realizada por:
Mª Luz Maset, integrante da Marcha Mundial das Mulleres e da Area da Muller de EU

Margarita Caballero Calleja (Vigo, 1924).
Nacida nunha familia de emigrantes retornados de Cuba, foi a menor de cinco irmáns. Filla do militante socialista Mauro Caballero, viviu a cabalo entre Pontevedra e Vigo polos negocios do seu pai: en Pontevedra unha funeraria e en Vigo unha Imprenta onde se editaba Galicia Social. Os seus estudos foron interrompidos pola Guerra Civil xa que mentres durou a guerra, deixou de ir á escola. A súa familia temía que a nena falara do que ocorría na casa: o pai oculto e os irmáns, Federico e Carlos, afiliados á CNT e ás Xuventudes Socialistas, encarcelados. Calquera comentario podía poñer a todos en perigo. Actualmente está activa, organizada e loitando na Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo.

--
Centro de Documentación
e Recursos Feministas de Vigo

Concellería de Igualdade
Biblioteca pública Central
R/ Joaquín Yañez, 6-2º andar
36202 Vigo
T. 986 22 90 74
www.igualdadevigo.org

No hay comentarios:

AMIGOS PRIMU